domingo, 27 de octubre de 2013

A calada por resposta

Como parece que non hai intención, nin por parte das encargadas da xestión do comedor, nin da ANPA, de aclarar todas as cuestións que explicamos máis abaixo un grupo de nais e pais, preocupados pola deriva dos acontecementos, solicitamos unha asemblea extraordinaria da ANPA, que segundo os estatutos están obrigados a facer si esta solicitude vai abalada polo 10% das socias. Nos superamos ese 10%, xa que foron mais de 60 sinaturas as que abalaban esa solicitude de asemblea.
Data da presentación da solicitude: 10 de outubro de 2013.
Si as responsables do comedor non consideran oportuno aclarar as dúbidas que temos sobre o comedor será que as nais e pais non somos suficientemente importantes para eles, solo somos os que pagan.
Pero para a ANPA a única razón da súa existencia somos precisamente as nais e pais, e están a incumprir os estatutos da ANPA, en canto a obriga que teñen de celebrar unha asemblea ordinaria ao principio de curso.
O que si que xa non ten nome é que sabendo que hai unha solicitude por escrito, seguindo escrupulosamente os estatutos, de asemblea extraordinaria para falar dun tema que preocupa a maior parte das socias e socios da ANPA, se fagan oídos xordos e se incumpran as normas básicas de funcionamento da asociación.

Se non convocan a asemblea máis vale que a directiva da ANPA en pleno dimita.



No hay comentarios:

Publicar un comentario