domingo, 27 de octubre de 2013

Un pouco de historia


O decreto de comedores vixente entre 2007 e agosto de 2013 establecía que as aportacións familiares tiñan que ser VOLUNTARIAS, pero nas circulares informativas sobre as normas do comedor, ata 2013, aparece a ameaza de expulsión por impago, este ano desaparece o último parágrafo onde se ameaza coa expulsión do comedor por impago dos recibos.
A cantidade a pagar foi variando, en 2007 eran 25 €, en 2008 e 2009 foron 20€ e a partir de 2010, páganse 18 €.
O que está claro é que a frase “aportación familiar voluntaria” ou voluntario a secas non aparece en ningunha das circulares sobre as normas do comedor.

Menos mal que en outubro de 2013, despois de vai a saber ti cantas cartas de ameaza de expulsión por falta de pago, nos aclaran que o pago e voluntario. Gracias, pero é un pouco tarde, e o texto parece unha burla para a xente que recibiu esas cartas.

Circular Comedor 2008


Circular comedor 2010

Circular comedor 2011



Circular comedor 2012


Circular comedor 2013


A calada por resposta

Como parece que non hai intención, nin por parte das encargadas da xestión do comedor, nin da ANPA, de aclarar todas as cuestións que explicamos máis abaixo un grupo de nais e pais, preocupados pola deriva dos acontecementos, solicitamos unha asemblea extraordinaria da ANPA, que segundo os estatutos están obrigados a facer si esta solicitude vai abalada polo 10% das socias. Nos superamos ese 10%, xa que foron mais de 60 sinaturas as que abalaban esa solicitude de asemblea.
Data da presentación da solicitude: 10 de outubro de 2013.
Si as responsables do comedor non consideran oportuno aclarar as dúbidas que temos sobre o comedor será que as nais e pais non somos suficientemente importantes para eles, solo somos os que pagan.
Pero para a ANPA a única razón da súa existencia somos precisamente as nais e pais, e están a incumprir os estatutos da ANPA, en canto a obriga que teñen de celebrar unha asemblea ordinaria ao principio de curso.
O que si que xa non ten nome é que sabendo que hai unha solicitude por escrito, seguindo escrupulosamente os estatutos, de asemblea extraordinaria para falar dun tema que preocupa a maior parte das socias e socios da ANPA, se fagan oídos xordos e se incumpran as normas básicas de funcionamento da asociación.

Se non convocan a asemblea máis vale que a directiva da ANPA en pleno dimita.



Última reunión informativa das responsables do comedor

En xuño fomos convocados a unha reunión informativa, ou iso é que dicía a nota que mandaron nas mochilas de nosos fillos: REUNIÓN INFORMATIVA, sobre o comedor.
Nesta reunión informativa explicáronnos as novidades do novo decreto de comedor e que tiñamos que seguir aportando 18 €/mes por comensal.
Tendo en conta que a aportación da Xunta é insuficiente para que os nosos fillos teñan unha dieta equilibrada pode parecer lóxico que os que poidan que paguen eses cartos, pero:
1.- Se queremos servizos públicos de calidade e un ensino público de calidade primeiro temos que loitar por que a diñeiro que pon a Xunta por comensal e día sexa suficiente para que os menús sexan dignos. Os responsables teñen que escoitar as nosas queixas.
2.- Si temos que pagar primeiro terán que convocar unha asemblea onde se nos exporán para que fan falta eses cartos e como podemos comprobar que realmente se gastan en mellorar o menú, e no mantemento da cociña, xa que o Consello Escolar é o que ten que controlar os cartos que aporta a Xunta, pero os cartos que aportamos as nais e pais somos nos os que decidimos para que se poden utilizar. É por isto que:
Esiximos información sobre o que se fai co diñeiro que aportamos para a mellora do servizo do comedor, e si se queren utilizar en cousas que non teñen nada que ver co comedor, esiximos que se decida en asemblea de nais e pais.

A reunión informativa de xuño rematou cun esperpéntico intento de aprobar a aportación de 18 € mediante un amago de votación, que foi secundado por un sector moi localizado da sala. Sobre isto hai que facer algunhas aclaracións:
            - Si queres aprobar algo en asemblea, primeiro convoca unha asemblea.
            - As asembleas teñen un orde do día, no que se intenta que a xente se entere de que se vai a votar algo.
            - Nunha sala con mais de 300 persoas, nais, pais, nenas, nenos, aboas, abos, etc, non se pode facer unha votación en menos de 3 segundos.

Última asemblea da ANPA

- Na asemblea da ANPA de final de curso (por estatutos están obrigados a facer unha asemblea ordinaria ao comezo do curso e outra ao final) varias nais e pais pedimos que os representantes da ANPA no Consello Escolar solicitasen información sobre os gastos do comedor correspondentes a conta onde se ingresan as aportacións “voluntarias”.

A resposta aínda a estamos a esperar, xa que non se convocou a asemblea de comezo de curso, e xa levamos mes e medio. Non poden dicir que non tiveron tempo, nin que non teñamos cousas das que falar.

E na páxina do colexio seguen as instruccións do ano pasado.


- Hoxe mesmo, 27 de outubro de 2013, aínda podiamos descargar da páxina do CEIP Lope de Vega, a circular coas normas do comedor do curso 2012-13, onde unha redacción, cando menos insidiosa, quere dar a entender que a falla de pago dos 18 € suporía a expulsión do comedor. Está ao final do documento.

Así mesmo pódese comprobar, na imaxe de abaixo, que non aparece por ningún lado a palabra voluntaria na información da citada web do centro.


Non pode ser

- Ameazar con expulsar do comedor a xente que non sabes si pode pagar unha aportación, que sabes perfectamente que é voluntaria, é moi grave.

- E incluir ao final unha parte do anterior decreto, que fai referencia a parte que había que pagar a Xunta, e que non tiña nada que ver coa aportación voluntaria, é máis que grave, parece un feito delitivo relacionado coa falsificación de documento público.


- Os datos persoais ou que puideran aportar probas sobre a quen vai dirixida a carta foron ocultados.
- Para poder visualizar a carta mellor fai clic na frecha da esquina superior esquerda.

Carta ameaza.

Artigo do Faro de Vigo

Este artigo non foi contestado porque todo o que di é verdade:
- É moi grave que nais e pais que non podían pagar aportacións, que eran voluntarias, foran ameazados coa expulsión do comedor das súas nenas e nenos. Todos os membros do Consello Escolar de xuño de 2013 recibiron unha copia dunha desas cartas ameazantes, polo que a negación da evidencia por parte da ANPA é un insulto a tódalas nais e pais que sufriron o acoso das responsables do comedor.
- Na última reunión, xa fai cinco meses, non se deu resposta a petición das nais e pais que querían saber en que se gastaron as aportacións “voluntarias”, que non se ingresaban na conta que controla a Consellería. Hai que lembrar que a aportación que ten que ser revisada polo Consello Escolar é a da Xunta, da revisión da aportación dos pais non se dicia nada no anterior decreto nin neste, o seu é que o que paga teña información de onde van a parar os seus cartos. E si se gastan cartos en cambiar de sitio unhas oficinas ou en facer unha cuberta para a choiva sexa aprobado polos que pagan eses gastos.

viernes, 25 de octubre de 2013

O PRINCIPIO

Ante as noticias que chegaban aos nosos oídos as nais e pais que tiñamos dúbidas comezamos a pedir explicacións nas reunións informativas e nas asembleas ordinarias da ANPA, pero non tivemos ningunha resposta e si que nos mentiron bastante.
Estas son algunhas das dúbidas que tiñamos:
1.-En que se gastaban os 90.000 € anuais das aportacións "voluntarias"?
2.-Por que a ANPA non informaba polo miudo dos presupostos anuais nas asembleas?
3.-Si as aportacións eran voluntarias, por que se enviaron cartas ameazando con expulsar a nenos do comedor si non se pagaba?

E foron aparecendo probas de que as cousas non se están a facer con transparencia, por dicilo de algunha maneira suave.